O BNG reclama a posibilidade de estudar lingua e cultura galegas na diáspora arxentina e uruguaia

"Lamentablemente, a Xunta está a incumprir o Estatuto de Autonomía de Galicia, que indica que tamén se estudará lingua e cultura galegas polas colectividades do exterior", dixo Ana Miranda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2019 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, instou á Xunta a que estableza a posibilidade de estudar lingua e cultura galegas para a comunidade exterior, principalmente no caso da diáspora arxentina e uruguaia.

Ao seu xuízo, esta posibilidade permitiría que as novas xeracións de galegos na diáspora "poidan manter a identidade e a cultura propias", algo para o que existe unha "gran demanda", segundo puido constatar nas reunións que mantivo no centro escolar Instituto Santiago Apóstolo de Buenos Aires e co Padroado da Cultura Galega de Montevideo.

"Lamentablemente, a Xunta está a incumprir o Estatuto de Autonomía de Galicia, que indica que tamén se estudará lingua e cultura galegas polas colectividades do exterior", dixo Miranda, que subliñou que faltan investimentos da Xunta na materia "para satisfacer o desexo dos pais e nais que queren facilitar o coñecemento do idioma, da cultura galega e o amor ao país de orixe ás novas xeracións".

Finalmente, a portavoz do BNG en Europa afirmou que esta sería tamén unha "vía idónea para estreitar os lazos coas maiores colectividades galegas do exterior e manter os vínculos culturais e lingüísticos con Galicia".

Ana Miranda visita Montevideo.. BNG
Ana Miranda visita Montevideo.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pillines da U

Por suposto. E A Mesa ten que administrar os cartos para o profesorado de galego. UPG, UPG, UPG