Tres feridos leves nunha colisión múltiple na AP-9 en Pontevedra e provoca retencións

A Garda Civil sinala que houbo tres vehículos implicados. O accidente obrigou a cortar o carril esquerdo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2019 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

Unha colisión múltiple na AP-9 ao seu paso por Pontevedra provocou tres feridos leves, á vez que provocou retencións na autoestrada á altura do quilómetro 131, en dirección a Vigo.

Segundo informa o 112 Galicia, os tres feridos foron trasladados despois de que un particular alertase do accidente. Foron avisados Garda Civil e 061, entre outros.

A Garda Civil sinala que houbo tres vehículos implicados. O accidente obrigou a cortar o carril esquerdo. O choque produciuse sobre as 13,35 horas e a circulación restableceuse ás 15,50 horas.

Control de estrada da Garda Civil de Tráfico. GARDA CIVIL TRÁFICO
Control de estrada da Garda Civil de Tráfico. GARDA CIVIL TRÁFICO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta