Resaltan a importancia da colaboración empresarial no éxito da Formación Profesional dual

A conselleira de Educación reivindicou a alta inserción laboral dos titulados no ciclo que se imparte nas instalacións de Repsol, superior ao 95 por cento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2019 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, destacou a importancia da colaboración empresarial no éxito e crecemento da Formación Profesional dual.

Pomar visitou este mércores o alumnado que realiza parte da formación de FP Dual nas instalacións do Complexo Industrial de Repsol Petróleo S.A. na Coruña.

En concreto, trátase dun grupo de 20 alumnos do ciclo superior de Química Industrial, que desenvolven a parte teórica da súa formación no IES A Sardiñeira. O 53 por cento do ciclo desenvólvese no IES e o 47 por cento restante no complexo petroleiro.

A conselleira tamén reivindicou a alta inserción laboral dos titulados no ciclo que se imparte nas instalacións de Repsol, superior ao 95 por cento.

Fotos Xunta. Visita Formación Fp.. XUNTA DE GALICIA
Fotos Xunta. Visita Formación Fp.. XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta