A Xunta gasta un millón de euros para que os medios falen ben das súas políticas sociais en plena campaña electoral

A campaña ten como obxectivo visualizar a través de propaganda que “a Xunta dispón dun amplo catálogo de recursos, de diferentes tipoloxías, adaptados ás circunstancias concretas de cada persoa maior”. No que vai de ano o Goberno galego tería destinado preto de 20 millóns de euros en convenios, campañas e acordos cos grandes medios de comunicación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/10/2019 | Actualizada ás 21:50

Comparte esta noticia

Este xoves iniciase a campaña electoral para as eleccións xerais e a Xunta valora xa as propostas para aprobar unha gran campaña de publicidade nos medios de comunicación para vender as súas políticas socias. Trátase dun concurso dun millón de euros que ten coma obxectivo “definir a estratexia de medios e soportes para desenvolver unha campaña publicitaria a nivel galego que difunda as iniciativas que desenvolve a Xunta de Galicia en materia de maiores”.

publicidade nos grandes medios de comunicación
publicidade nos grandes medios de comunicación | Fonte: EP

Esta campaña está dividida en dúas anualidades, 2019 e 2020. No caso do 2019 só restan dous meses para que remate o ano, así que o adxudicatario deberá contratar anuncios nos principais medios galegos por valor de medio millón de euros. O outro medio millón será para o 2020.

O obxectivo, segundo Política Social, é que “se visualice que Galicia” e as persoas maiores “teñen dereito a facerse maiores como elas libremente desexen”. “Cada unha e cada un deles presentan unha situación, unhas necesidades e unhas preferencias diferentes, que cómpre atender e ter en conta”.

XUSTIFICACIÓN

A Xunta xustifica esta campaña ante o aumento da poboación maior xa que unha de cada catro ten máis de 65 anos. Con todo, aclara que “o volume de poboación maior non debe ser visto como un problema, senón como unha oportunidade de aprender da súa experiencia e mellorar o noso sistema de benestar”.

Por iso, a principal finalidade desta campaña é que os medios de comunicación visibilicen as medidas da Xunta e que “o Goberno galego está a traballar para ofrecer servizos de calidade, en cantidade suficiente e con tanta variedade como reclaman os nosos maiores”.

Así, o prego de condicións deste concurso ao que tivo acceso Galicia Confidencial, destaca que para atender ás demandas dos e das maiores de 65 anos, “a Xunta dispón dun amplo catálogo de recursos, de diferentes tipoloxías, adaptados ás circunstancias concretas de cada persoa maior”. Entre este catálogo que os medios deberán publicitar cita os programas “Xantar na Casa, teleasistencia avanzada, Servizo de Axuda no Fogar, máis prazas públicas de residencia e de centro de día que nunca antes, as novas casas do maior e as prestacións económicas para axudar a cada persoa a financiar o servizo que eles desexen”.

Desta campaña, a prensa xeralista, é dicir, os grandes medios de comunicación tradicional –La Voz, Faro de Vigo, La Región, El Correo, El Progreso-- poderá levar ata o 50% do total, e as súas edicións dixitais ata o 25%, mentres que o resto repartirase entre radios e Televisión –un máximo de 15% e mínimo de 5%-- e prensa especializada –deportiva ou económica ata un 3% do total--.

MILLONADA EN PUBLICIDADE

No que leva de ano e, segundo os cálculos de Galicia Confidencial, a Xunta de Galicia, tería destinado máis de 20 millóns de euros en campañas e convenios publicitarios destinados aos grandes medios de comunicación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Bismutiño

Exactamente igual que hacía el siniestro bipartito, especialmente con periódicos y medios de comunicación creados a propósito y que nadie leía.

2 tino

vaia e non saen os espanholos a protestar ....será que lles parece pouco ?

1 Gamela

Eu quixera que me subvencionaran este anuncio do ben que viven os maiores en Vigo !!! https://twitter.com/GamelaNova/stat...