Detido un home despois de roubar varias carteiras e un bolso en Ferrol

A policía fíxolle un cacheo superficial e atoparon unha "carteira de pel, outra estampada e unha cadea dourada".

Por E.P. | | 31/10/2019 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

Un home foi detido esta semana polo roubo de varias carteiras e un bolso en Ferrol, despois de que a Policía Local da cidade o sorprendese "nunha actitude sospeitosa" na estrada de Catabois.

Os axentes atoparon o presunto ladrón mentres realizaban unha rolda de vixilancia en metade da madrugada. O home estaba escondido entre varios colectores e mostraba "unha actitude sospeitosa", a xuízo dos corpos de seguridade.

Por este motivo, a policía fíxolle un cacheo superficial no que atoparon "unha carteira de pel marrón con documentación a nome dunha muller e outra estampada que contiña unha pequena cantidade de diñeiro e unha cadea dourada".

Ademais, a patrulla atopou un bolso rectangular e un broche de pedras de cores tiradas á beira do sospeitoso. Ante a aparición dos obxectos, preguntáronlle a quen pertencían, ao que el non soubo responder e deu diferentes versións.

Por todo, os axentes decidiron trasladalo á comisaría do Corpo Nacional de Policía para ser identificado. Alí, verificouse que o seu aspecto coincidía coa descrición que facilitara a vítima dun dos roubos aquela mesma madrugada: home, alto, de complexión delgada, moreno, barba e vestido cunha parka negra.

Máis tarde, a Policía Local volveu á zona na que o presunto ladrón fora detido e atoparon máis efectos tirados.

Detida unha muller por causar altercados en dous locais de lecer de Lugo.. POLICÍA NACIONAL
Detida unha muller por causar altercados en dous locais de lecer de Lugo.. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta