Feijóo utiliza a "deriva independentista" do BNG para atacar os seus pactos co PSdeG en Galicia

"É preocupante que o socialismo galego mire para outra parte e ría sabendo que o BNG está de acordo cos incidentes cataláns", asegura.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/10/2019 | Actualizada ás 15:38

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, atopou este xoves unha nova estratexia para minar ao PSdeG e foi, curiosamente, a través do BNG. Así, aproveitou a sinatura do BNG da "Declaración da Lotja de Mar", a favor da autodeterminación e liberación dos presos políticos cataláns, para cargar duramente contra socialistas e nacionalistas.

Manifestación a favor da independencia en Cataluña
Manifestación a favor da independencia en Cataluña

"Preocupame a deriva cara ao independentismo e a autodeterminación do BNG", dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, ao tempo que criticou ao PSdeG-PSOE, "con quen goberna en numerosas administracións" por "mirar para outra parte e calar".

Feijóo repetiu en dúas ocasións que está "especialmente preocupado" polo feito de que o BNG asinara esa declaración con partidos independentistas de Cataluña, o País Vasco, Valencia e Illas Baleares. "Preocúpame ver a un dirixente de BNG declarando e asinando o mesmo documento con Torra e con Otegui. Preocúpame como galego e como presidente da Xunta", admitiu.

Un texto, proseguiu, "no que asumiron o compromiso de defender a liberdade dos condenados polo Tribunal Supremo na sentenza, ademais de defender o dereito á autodeterminación". Neste sentido, o presidente autonómico lamentou "esta deriva cara ao independentismo e a autoderminación con maior intensidade se cabe do BNG nun momento de extraordinaria dificultade para a nación española".

De igual forma, dixo que tamén lle resulta preocupante que o socialismo galego "mire para outra parte e ría sabendo que o BNG está de acordo cos incidentes cataláns", así como dunha Lei de amnistía e con incumprir a sentenza do Constitucional. "E isto cando o BNG é o socio permanente do PSOE en Galicia en todas institucións nas que non ten maioría absoluta, que é practicamente en case todas", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Multinick

"Deriva independentista"? Menudo cachondo mental o Narcopresidente, falar de "deriva independentista" xusto cando o BnG-CxG está no medio dunha deriva dereitista e autonomista.

1 Galeguiña

É curioso: con Abascal, Ortega Lara ou Vidal Cuadras, non se pode pactar porque para os do PSOE e os do Bloque din que son pouco menos que delincuentes "fascistas". Pero os socialistas e o BNG sí que poden facelo con Otegi, seu amiguiño das CUP David Fernández ou o golpista de Junqueras. Ao PSOE non lle gusta que o PP vaia da man de VOX, pero eles poden ir co Bloque, Bildu ou ERC aos que aínda non se lle escoitou condenar a violencia dos CDR, que caseque se leva por diante a vida dun policía galego.

1 José

Ese policía, igual que outros muitos, estaba alí a repartir ben de leña, sabémolo todos, haiche unha chea de videos nos que se ve cómo se desviven os antidistrurbios porque non lle marche ninguén sin unha boa malleira. Asegúrocho, ese home non che me da pena nengunha. Hoxe zóscalle aos cataláns e mañán aos de Alcoa ou Navantia.

2 FalandoClaro

E, ademais, cada palastrazo que dá e moi ben Remunerado (como en calqueira Mercenariato) mentres para quen o recibe é d e Gratis......levar algún cantazo á contra: nada mais que un Accidente Laboral...de quedar Inutil ficaria-lle unha Suculenta Paguiña.....que lle ficou aos que Perderon un Ollo coas Balas de Goma???.

3 Escarnasedo

Violéncia a da Guardia Civil cos marinheiros. Menudo acoso e menudas multas. E sen ser os marinheiros do cerco nin violentos nin infependentistas