Máis de trinta e seis mil galegos só traballaron un mes durante 2017

A porcentaxe de homes que estiveron afiliados en alta laboral durante todo o 2017 foi dous puntos superior á de mulleres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2019 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

Un total de 36.300 galegos só puideron traballar menos dun mes durante 2017, o 3,2% dos afiliados con alta na Seguridade Social, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (INE). Pola súa banda, o 65,6% dos afiliados traballaron todo o ano; o 11,6% entre un mes e seis meses; mentres o 19,5% traballou seis ou máis meses pero sen chegar ao ano completo.

Estas porcentaxes varían de maneira significativa en función da idade da persoa afiliada. Entre a poboación máis nova, só o 16,6% dos menores de 25 anos traballou o ano completo.n Entre os 25 e os 34 anos, a porcentaxe de persoas que traballaron todo o ano rolda o 50%. A taxa elévase ao 80,1% entre os 55 e os 64 anos.

MÁIS HOMES QUE MULLERES TRABALLAN TODO O ANO

Ao ter en conta o sexo da persoa traballadora, a porcentaxe de homes que estiveron afiliados en alta laboral durante todo o ano 2017 foi do 66,8%, 2,3 puntos por encima da porcentaxe observada entre o colectivo feminino (que se sitúa en 64,5%).

Dos 1.144.250 galegos que en 2017 mantiveron algunha relación de afiliación en alta laboral coa Seguridade Social, 933.825 estiveron afiliados por conta allea nalgún momento do ano. O 78,6% destas persoas traballou para unha soa empresa en 2017 (todo o ano ou parte del)/del).

Esta porcentaxe tamén cambia en función da idade da persoa. Entre os menores de 25 situouse no 63,8%, mentres que 8 de cada 10 persoas de 55 ou máis anos prestou servizos a unha única empresa en 2017.

oficina emprego EUROPA PRESS - Arquivo
oficina emprego EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta