Os traballadores do CAMF de Ferrol retoman as concentracións para denunciar a precarización laboral

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2019 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

Os traballadores do Centro de Atención a persoas con discapacidade (CAMF) de Ferrol volvéronse a concentrar ante a entrada principal deste centro, situado en Catabois, para denunciar a precariedade laboral e a falta de investimentos nestas instalacións, que dependen do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, a través do Imserso.

A protesta foi convocada polo comité de empresa do persoal laboral da Administración Xeral do Estado na provincia da Coruña e os traballadores volveron a denunciar que continúan dándose contratos de tipo eventual por un máximo de 14 días para suplir as baixas e vacacións dos traballadores habituais, o que levou a realizar por parte da dirección máis de 3.000 contratos no últimos catro anos.

As organizacións sindicais criticaron que desde o Imserso levan anos sen convocar a Oferta Pública de Emprego (OPE), co que manteñen un elevado número de postos vacantes tanto neste centro de Ferrol como no Centro de Promoción da Autonomía Persoal (CPAP) de Bergondo (A Coruña).

Con esta mobilización tamén se demandou a realización de investimentos nunhas instalacións que levan máis de tres décadas funcionando e que non foron actualizadas durante estes trinta anos, nun centro que atende a persoas con diversidade funcional.

Apoiando a este colectivo estiveron tamén a candidata número 2 ao Congreso dos Deputados de Galicia en Común pola provincia da Coruña, Loreto Taibo, e o número 3 desta mesma formación ao Senado, o tamén concelleiro ferrolán Suso Basterrechea.

Protestas do persoal do Centro de Atención a personas con discapacidadd (CAMF) de Ferrol
Protestas do persoal do Centro de Atención a personas con discapacidadd (CAMF) de Ferrol | Fonte: Ferrol 360

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta