A Xunta Electoral equipara a Vox co BNG como "grupo político significativo" na cobertura da CRTVG

Estimou o recurso da formación da ultradereita para que os seus actos electorais tamén sexa cubertos polo ente público galego.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/11/2019 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

A Xunta Electoral Provincial da Coruña estimou a reclamación de Vox sobre o plan de cobertura da campaña electoral da Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG). A formación de ultradereita denunciou que o ente público cubrira os actos electorais do BNG, a pesar de non ter representación no Congreso, e non os seus.

Nun comunicado, a formación lembraba que esta queixa se formalizou o pasado día 29 por considerar que devandito Plan non respectaba o pluralismo político e social, a igualdade, proporcionalidade e neutralidade informativa na programación dun medio público.

Unha vez presentada a reclamación, a Xunta Electoral Provincial acordou recoñecer a VOX como "grupo político significativo" baseándose nos resultados obtidos pola formación nas anteriores eleccións xerais do 28 de abril de 2019, nos cales os 86.126 votos conseguidos equivalen ao 5,27% dos votos emitidos en Galicia, o que supera o 5% que esixe a Instrución da JEC 1/2015 para poder recoñecer a un grupo político desta forma.

Santiago Abascal, líder de Vox, nun mitin en Vigo
Santiago Abascal, líder de Vox, nun mitin en Vigo | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cidadán

Negar la cobertura a Vox era lo que le faltaba a la Telegaita. Vox es la fuerza política de moda, con un crecimiento imparable que pronto la convertirá en la tercera fuerza política de España. Por contra el Bloque es un chiringuito decadente, casposo y agotado.