O BNG estreita lazos con "forzas antiimperialistas" de todo o mundo "para loitar contra a desigualdade e o fascismo"

Ana Miranda participou nun encontro na Habana (Cuba).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2019 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) traslada o seu apoio "ás forzas antiimperialistas" de todo o mundo que "loitan contra as desigualdades e o avance do fascismo" a través da súa representante europea, Ana Miranda, nun encontro que se celebra este sábado na Habana.

Ana Miranda nun encontro antiimperialista en Cuba
Ana Miranda nun encontro antiimperialista en Cuba | Fonte: Europa Press

Esta cita de "antiimperialistas" en favor da "democracia e contra o imperialismo" a nivel internacional, celébrase na capital cubana do 1 ao 3 de novembro para "estreitar lazos", "buscar a unidade das forzas de esquerda e o fortalecemento da solidariedade entre os pobos".

Ana Miranda destacou que este encontro se dá "no medio de resultados electorais e protestas populares en América Latina contra as políticas neoliberais" que dan "un pouco de esperanza" ao continente, engadiu.

Ademais, o segundo obxectivo do evento pasa por "denunciar e condenar as sancións de Estados Unidos contra Cuba, así como o bloqueo a afoga ao pobo cubano desde hai 60 anos".

Pola súa banda, o BNG asegura que "condenou e sempre condenará as sancións do pobo irmán de Cuba" a través de "denuncias" que se trasladaron ao Congreso dos Deputados e ao Parlamento Europeo.

En concreto, estas tres xornadas servirán para "tratar cuestións da actualidade xeopolítica" que se plasmarán en debates "sobre a solidariedade con Cuba, o libre comercio, a guerra cultural, a soberanía, a comunicación e a mocidade".

Tamén haberá tempo para "falar da situación de Porto Rico, o pobo saharauí, de Palestina e a inxustiza que supón que Lula [expresidente de Brasil] estea aínda en prisión", concluíu a representante nacionalista galega en Europa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Antimentireiros

Ja,ja,ha. Anita falando de antiimperialismo e desigualdade mentres cobra 8.000 ao mes e viaxa de balde en Business Class

2 botabox@gmail.com

Seguide asi ata a eliminacion final.mira que sodes burros.a xente quer solucions.non paseos con antiimperialistas e cos catalans.un que non e un bot nin unha trama do pp.e que non vos vota por cazurros.

1 José

pero cómo vai sair o bng da fochanca na que está metido se fai como os xabarins na lama...