Temas: PP CIUDADANOS

Ciudadanos denuncia "agresións" de concelleiros do PP

Asegura que dous concelleiros do Partido Popular en Xunqueira de Espadañedo "empurraron" e "zaranderaron" unha "compañeira do grupo municipal" laranxa o pasado 31 de outubro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2019 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

Ciudadanos denunciou este sábado que "dous concelleiros do Partido Popular" en Xunqueira de Espadañedo "empurraron" e zarandeado" a unha "compañeira do grupo municipal" laranxa o pasado 31 de outubro.

Rivera e Losada cos candidatos de Ciudadanos nas autonómicas
Rivera e Losada cos candidatos de Ciudadanos nas autonómicas | Fonte: EP

O partido explicou o sucedido nun comunicado que pon de manifesto "a indignación" que espertou "a resposta violenta, desmesurada e fóra de lugar dos dous concelleiros" que "roza a liña da agresión".

Fixeron un chamamento a "todos os dirixentes do PPdeG ou do PP de Ourense para que tomen as medidas sancionadoras que correspondan con este tipo de actitudes agresivas".

En concreto, os feitos producíronse o último día de outubro tras a celebración do pleno extraordinario do goberno local, cando os dous edís populares "empurraron e zarandearon" amembro da oposición en Xunqueira de Espadañedo.

Ciudadanos argumentou que velan "polos intereses de todos os veciños. Moitas veces esixen explicacións", algo que "non lle gusta ao grupo do Goberno", que conta con maioría absoluta do PP.

Con este comunicado, o partido quixo deixar claro "o seu labor común" polo concello para que non pertenza "só a uns cuantos que se cren amos e señores de todo".

Temas: PP CIUDADANOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Ourense é así

Aquí temos un reflexo da Galicia interior atrasada. Uns e outros. Colonizados, semianalfabetos..., os que votan e os que participan aquí comentando. O retrato non é bonito verdade? Só describo a realidade así que...

3 anonimo

Eu estiven no pleno e as cousas empezaron a ir mal desde o principio cando o grupo de gobierno lle quita a palabra a un dos concelleiros e pretende ridiculizar e deixar por mentirosa a outra concelleira que xustificaba todo con documentos oficiales do concello.A partir de ahí os veciños confrontaronse ata que se levantou pleno.Non solamente agrediron 2 concelleiros a miembro de Cs.Tamen a irma de un deles o fixo.Eu vin como a tiñan que agarrar

2 anonimo

Igual estaba ben contrastar a información... Por aquilo de informar da realidade, e deixar de comentar as ensoñacións dalgunhas persoas.

1 Non e oposición e destruccion

A parte de ser mentira tanto o titular como a noticia, denuncian conductas que rozan a agresión non agresións, que e un matiz importante, non houbo agresión solo un momento de tensión sen mais...o que si me gustaría saber e se Ciudadanos Xunqueira de Espadanedo coincide coas opinions que a case agredida ia lanzando antes dese momento..." Todos los del pueblo sois burros, parvos, p...as y zorr...s" Refrenda o grupo municipal de Ciudadanos Xunqueira esas afirmacions??

1 Anonimo

E certo que non foi unha agresión, senón varias, porque eu estaba no pleno, e a señora non rapaza non abriu a boca para nada. Mentres qué a un dos concejales tiveron que agarrarlo senon non sei que pasaría. Despois si que a señora dixo que con burros e z... as non trataba. O nivel de desacreditacion e pouca vergonza que teñen os de dito grupo e penoso para representar o concello e tendo cinco concejales..... Pobre Xunqueira ter un grupo de goberno que deixa tanto que desexar