A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2019 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego. Así o informou a Xunta nun comunicado, no que explica que o episodio adverso costeiro de nivel laranxa afectará desde este luns á costa das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.

En concreto, a Xunta destaca que se esperan ventos do sur de forza oito en Lugo e mar combinado do noroeste con ondas de cinco a seis metros de altura en todo o litoral. Por iso, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informou da situación, a través do 112 Galicia, aos concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e a clubs náuticos, entre outros.

A Xunta aconsella permanecer lonxe da liña de costa e a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas "máis perigosas". Tamén recomenda extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións.

Temporal no mar
Temporal no mar | Fonte: @ Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta