Temas: R XUNTA

A Xunta apela á "mediación" con R para buscar unha saída á deslocalización de servizos

O conselleiro asegura que está "a intensificar o diálogo" coa empresa.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/11/2019 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apelou á "mediación" con R, ante as demandas dos traballadores de empresas auxiliares para buscar unha saída á deslocalización de servizos por parte do operador de telecomunicacións.

Protesta de traballadores de subcontratas de R
Protesta de traballadores de subcontratas de R | Fonte: CIG

Tras unha reunión co sector TIC, xunto á candidata ao Congreso pola Coruña, Tristana Moraleja, e a presidenta do PP local da Coruña, Beatriz Mato, o conselleiro manifestou que a Xunta está "a intensificar o diálogo e a mediación" coa empresa.

"Traballando nese diálogo con sindicatos e empresa para trasladar os proxectos que R desenvolve en Galicia e que haxa un diálogo que permita salvar calquera tipo de diferenza que poida haber", expuxo.

Mentres, sobre a reunión celebrada co sector TIC, destacou que se trata dunha actividade "clave" para Galicia e para o seu tecido produtivo e remarcou a aposta da Administración autonómica a este respecto.

Temas: R XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta