Temas: VILABOA

Un garda civil salva a vida dun home que se asfixiaba atragoado nun restaurante de Vilaboa

O axente realizou a chamada 'manobra de Heimlich'.

Por Europa Press / Redacción | Vilaboa | 04/11/2019 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

A rápida intervención dun axente da Garda Civil da Comandancia de Pontevedra, auxiliado por un policía nacional e un policía local de Vigo, permitiu salvar a vida dun home de 60 anos de idade que se estaba asfixiando, atragoado nun restaurante de Vilaboa (Pontevedra).

Manobra de Heimlich.
Manobra de Heimlich.

Segundo fontes do Instituto Armado, os feitos tiveron lugar na noite do pasado sábado, cando este axente se dispuña a abandonar o restaurante no que ceara. Nese momento, foi requirido por un empregado do local, que lle pediu axuda porque un cliente se atragoara e non podía respirar.

O garda civil, axudado polos dous axentes de policía, realizou a chamada 'manobra de Heimlich', e conseguiu que o home, que estaba desfalecido, expulsase varios anacos de carne que lle estaban obstruíndo as vías respiratorias.

O cliente do local foi reanimado e, para cando chegaron os servizos de emerxencia sanitaria, o home xa recuperara a consciencia.

Temas: VILABOA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta