Abanca lanza 'Vive a vida', un programa integral para maiores de 55 anos

Ofrece asesoramento financeiro, seguros de dependencia, teleasistencia e actividades de lecer como viaxes e cursos

Por E.P. | A Coruña | 05/11/2019 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

Abanca divulga 'Vive a vida', un programa integral para maiores de 55 anos con produtos e servizos centrados en solucións financeiras, asistencia, lecer e crecemento persoal. En rolda de prensa, presentouse este programa que é o resultado de diversas entrevistas e enquisas entre "clientes e non cliente" para coñecer "os seus intereses e preocupacións" en distintos ámbitos que van desde a atención financeira ata o tempo libre, segundo explica o director xeral de RSC e Comunicación de Abanca, Miguel Anxo Escotet.

O tamén presidente de Afundación subliñou que se traballou "durante meses" nesta iniciativa, co fin de axudar a que a xente maior "sexa produtiva ata que eles queiran". O director de Banca Particulares de Abanca, Manuel Nogueira, destacou que este paquete ofrece "desde ofertas de viaxes, actividades de entretemento, cursos de formación e accións de voluntariado, ata seguros específicos de dependencia e saúde, servizos de asistencia no fogar, asesoramento financeiro e xurídico, ou solucións relacionadas coa vivenda". Toda a oferta está dispoñible na web abanca.com/vivelavida.

ASISTENCIA E SOLUCIÓNS FINANCEIRAS

O bloque de asistencia establécense novos servizos de alianzas con terceiros. Inclúe o asesoramento legal e fiscal de Legálitas, que ofrece produtos para adaptarse ás necesidades con descontos entre o 20% e o 25%. Tamén hai teleasistencia no fogar da man de Cruz Vermella, así como un seguro para a dependencia con Caser. Poderase tamén contratar un seguro de saúde sénior de Sanitas independentemente da súa idade.

No tocante ás solucións financeiras, hai un amplo abanico que xa estaban no banco como 'Xúbilo'. Aquí, hai asesoramento para a xubilación, anticipo de pensión, cartón dourado de Renfe, a Tarxeta Ti ou a tarifa plana de Abanca Seguros, entre outros.

A principal novidade neste apartado está relacionada coa posibilidade de rendibilizar a vivenda en propiedade, xa sexa para a adquisición doutra máis pequena ou por necesidades de liquidez. As persoas nesta situación poderán contar co asesoramento especializado de Escogecasa, a división inmobiliaria de Abanca, que se encargará de xestionar a venda dunha maneira preferente e tamén poderá informarlles das implicacións fiscais que leva.

Manuel Nogueira, Director de Banca Particulares de ABANCA; Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación e Sabela Couceiro, Coordinadora da área de Envellecemento Activo ee Afundación
Manuel Nogueira, Director de Banca Particulares de ABANCA; Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación e Sabela Couceiro, Coordinadora da área de Envellecemento Activo ee Afundación | Fonte: Abanca

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta