Traballadoras de Inditex denuncian que a dirección distinge entre empregados "de primeira e de segunda"

Considera que "a facilidade" para adaptar o horario que a dirección concede ao persoal de oficina "non se lle permite a ninguén nas tendas, mesmo a aquelas que teñen redución de xornada por maternidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2019 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

Traballadoras das tendas de Inditex lamentaron que a dirección distinga entre empregados "de primeira e de segunda categoría" despois de que acordase implantar medidas de flexibilidade horaria para o persoal de oficinas, que poderán elixir a hora de entrada de luns a xoves e non traballarán os venres pola tarde.

En declaracións a Europa Press este xoves, a membro do comité de empresa das tendas de Zara Carmiña Maneiro (CIG) manifestou que "non deixa de ser unha medida máis que beneficia a unha pequena parte de traballadores do grupo Inditex".

Deste xeito, considera que "a facilidade" para adaptar o horario que a dirección concede ao persoal de oficina "non se lle permite a ninguén nas tendas, mesmo a aquelas que teñen redución de xornada por maternidade".

Para Maneiro, isto constitúe "unha dobre discriminación" cara a "a parte máis débil" da empresa composta "no 99,9 por cento" por mulleres e que "tampouco ten acceso á prima de beneficios que si percibe o persoal de almacén".

Tenda de Zara
Tenda de Zara

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Kanopo

Aínda han pensar estes rijos que un faise archimegamultimillonario pagando bos soldos a todo o mundo. Hai que aforrar, que manter un imperio costa moitos cartos e en Galiza todo o mundo nada na ambulancia...

1 Pitito

O amado Ortega, o amado lider, que unha vez foi pobre, imposíbel!!! Esa xente minte, seguro