Temas: XACOBEO CULTURA

Agradecementos do Goberno galego á Casa de Galicia en Uruguai pola cesión da "Santa" de Asorey

Con case dous metros de altura e realizada en madeira policromada, a 'Santa' é unha das pezas máis destacadas de Francisco Asorey e unha das obras máis significativas da arte galego do século XX.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2019 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, agradeceu publicamente á Casa de Galicia de Uruguai a cesión da 'Santa' de Asorey, unha escultura símbolo do patrimonio artístico e cultural galego.

Tras manter un encontro co secretario da Casa de Galicia de Uruguai, José Enrique Sienra, Miranda puxo en valor a "achega da Galicia exterior á Galicia universal" e a "importancia dos centros galegos na conservación do patrimonio" galego.

A obra poderá ser contemplada na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a partir do 14 de novembro e enmárcase dentro da primeira exposición internacional do Xacobeo 2021.

Con case dous metros de altura e realizada en madeira policromada, a 'Santa' é unha das pezas máis destacadas de Francisco Asorey e unha das obras máis significativas da arte galego do século XX.

Esta obra regresa a Galicia por primeira vez desde que saíu do porto de Vigo en 1951 con rumbo á Casa de Galicia en Montevideo, onde continúa presidindo a sala na que se reúnen os seus xestores.

Recepción da 'Santa', de Asorey con Antonio Rodríguez Miranda, José Enrique Sienra e Anxo Lorenzo. XUNTA
Recepción da 'Santa', de Asorey con Antonio Rodríguez Miranda, José Enrique Sienra e Anxo Lorenzo. XUNTA

Temas: XACOBEO CULTURA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Cantos anos leva Anxo Lorenzo chupando do bote ? Lembran as súas señorías que este home era un puntal da "normalización lingüística" un fenómeno da socioloxía lingüística para recuperar a lingua minorizada (etc) ? Pois eu xa perdín a conta dos anos que leva chupando do PP ???

1 Eduardo PD

A ver se, no canto de tanto agradecemento, a Xunta deixa de gastar e tirar tantos cartos en Xacobeos e mamarrachadas varias (ver programación da tvg, por exemplo) e se pon a reclamar a devolución (MAN) ou a mercar o noso patrimonio espallado polo mundo. E, xa postos, que invista en protexer e ensinar o que aínda nos queda en Galiza (a ser posible sen regalarlle máis cartos á Igrexa) a pesar dos seus intentos por desfacerse da nosa historia e lingua...