A CIG critica que a conselleira de Educación anuncie unha OPE sen negociar cos sindicatos

Considera o anuncio "mero electoralismo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2019 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

A CIG-Ensino criticou o "mero electoralismo" do anuncio da oferta público de emprego por parte da conselleira de Educación, Carmen Pomar, durante a súa comparecencia en comisión parlamentaria.

A conselleira de Educación, Carmen Pomar
A conselleira de Educación, Carmen Pomar | Fonte: Xunta.

O sindicato lamentou que se dea coñecer esta iniciativa, de novo, "sen negociar previamente nada" coas organizacións sindicais nin achegar datos de xubilacións, nin interinidades das diferentes especialidades.

O sindicato advertiu de que, "o único que se sabe, é que non se vai crear novo emprego", porque os orzamentos da Xunta recollen "unha redución de 45 postos de traballo" nos corpos de secundaria respecto de 2019.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta