Novos casos de reaccións alérxicas en comedores de escolas infantís da Xunta xestionados pola mesma empresa

Fontes de Política Social cualifican o sucedido de "intolerable" e abren a porta a adoptar "todas as medidas que sexan necesarias".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2019 | Actualizada ás 23:39

Comparte esta noticia

A Consellería de Política Social investiga os novos casos de reaccións alérxicas detectadas este martes nunha decena de escolas infantís A Galiña Azul --rede dependente da Xunta-- cuxos comedores están xestionados pola mesma empresa que se encarga do cátering nas escolas onde se produciron varias intoxiaciones hai dúas semanas por unha palometa servida en mal estado.

Segundo sinalan fontes do Goberno galego, nenos dunha decena de centros da comarca da Coruña e Cangas sufriron unha reacción alérxica leve tras inxerir os alimentos do menú, composto por unha crema de brécol con cabaza e lombo de pito con macarróns.

Política Social informa que técnicos de Sanidade tomaron mostras do menú (que, din, foi cambiado ao rexistrarse os primeiros casos) para investigar a orixe da reacción e estudar a súa posible relación co episodio rexistrado a finais do mes de outubro.

E é que os comedores das escolas infantís nos que se produciron estes novos casos están xestionados pola mesma empresa que se encarga do cátering nos centros A Galiña Azul nos que polo menos 41 alumnos resultaron intoxicados tras inxerir un prato de palometa.

Así, os técnicos de Sanidade tamén se presentaron na sede desta empresa. Fontes de Política Social cualifican o sucedido de "intolerable" e abren a porta a adoptar "todas as medidas que sexan necesarias".

Un dos menús servidos nun comedor escolar
Un dos menús servidos nun comedor escolar | Fonte: chage.org

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta