Temas: ARZúA QUEIXO

Búscase cartel para a 45ª Festa do Queixo

O Concello de Arzúa convoca este certame que se celebra de forma ininterrompida dende 1976. Neste 2020 chegará ao 45º aniversario.

Por X.M. Fernández | Arzúa | 09/11/2019 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Trátase dun dos concursos de carteis de festas gastronómicas e musicais con máis prestixio de Galicia contando para esta edición con 4 premios. A dotación económica será de 600, 300 e 100 euros para o 1º, 2º e 3º respectivamente. Tamén haberá un 4º premio elixido por votación popular, que levará un agasallo especial.

Votación do cartel gañador da 44ª edición. Foto: Concello Arzúa
Votación do cartel gañador da 44ª edición. Foto: Concello Arzúa

Ademais dos premios en metálico, haberá diferentes lotes de agasallos para os/as gañadores/as: estancias de fins de semana, xantares en aloxamentos de turismo rural, queixos D.O.P. Arzúa-Ulloa, queixeiras e pratos de Sargadelos, camisetas, mandís, memorias USB, libretas, paraugas, mochilas, gorras, fundas para tablet, smartphone, etc.

E non queda aquí a cousa, todos os carteis finalistas -que teñan recibido algún punto do xurado- terán un detalle, levarán un queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa.

O prazo de presentación de orixinais remata o 9 de decembro de 2019 e pódense consultar as bases na web do eventoO luns 16 de decembro coñeceremos ao gañador/a e premiados/as. 

Temas: ARZúA QUEIXO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta