Publicada en edición facsimilar "O primeiro tolo", a última novela de Rosalía de Castro

A edición contará tamén con ilustracións. O seu argumento desenvólvese no bosque que en 1856 acollera o Banquete de Conxo, en Santiago, e xira ao redor da dignidade humana e a defensa da paisaxe e da natureza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2019 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

A última novela de Rosalía de Castro, 'O primeiro tolo', volverá de novo ás librarías a través dunha edición facsimilar e ilustrada publicada por Alvarellos Editora, en colaboración co Consorcio de Santiago. Editada inicialmente en Madrid en 1881, esta obra, que ten o subtítulo de 'Conto estraño', é a quinta e última novela escrita por Rosalía de Castro.

O seu argumento desenvólvese no bosque que en 1856 acollera o Banquete de Conxo, en Santiago, e xira ao redor da dignidade humana e á defensa da paisaxe e da natureza. 'O primeiro tolo' narra, así, a historia de Luís, un personaxe que vai perdendo a razón á vez que conta a Pedro a historia dos seus amores imposibles con Berenice e Esmeralda e, de forma paralela, mentres que o antigo convento de Conxo inicia a súa transformación en manicomio.

O volume que edita agora Alvarellos reproduce fielmente aquela primeira edición e incorpora un estudo introductorio elaborado polos profesores María do Cebreiro e Germán Labrador, que profunda nas novas lecturas da obra de Rosalía de Castro, póndoa en relación coa psiquiatría, o espiritismo ou os elementos sociopolíticos da época.

A maiores, a publicación recolle o relato 'O Domingo de Ramos. Costumes galegos', escrito tamén pola autora padronesa en 1881, e complétase cun apéndice gráfico que reúne 20 fotografías de Denís Estévez do bosque do Banquete de Conxo.

Fotografía de Denís Estévez do bosque do Banquete de Conxo, que ilustra a obra.. DENÍS ESTÉVEZ - Arquivo
Fotografía de Denís Estévez do bosque do Banquete de Conxo, que ilustra a obra.. DENÍS ESTÉVEZ - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta