Unha muller ferida de gravidade nun accidente con catro vehículos implicados en Noia

Un dos vehículos puido saltarse un stop e impactar contra o turismo no que viaxaba a ferida que, á súa vez, se desprazou ao carril contiguo e impactou contra outros dous coches.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2019 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Unha muller duns 40 anos de idade resultou ferida de gravidade nun accidente rexistrado na tarde deste mércores en Noia e no que se viron catro vehículos implicados. Segundo informaron a Europa Press fontes do operativo de emerxencias, o sinistro tivo lugar sobre as 18,00 horas no barrio de Bergondo, na estrada que unha Noia e Porto do Son.

En concreto, segundo explicaron, un dos vehículos puido saltarse un stop e impactar contra o turismo no que viaxaba a ferida que, á súa vez, se desprazou ao carril contiguo e impactou contra outros dous coches. A muller, que viaxaba no coche cun menor que resultou ileso, foi a única persoa ferida no accidente.

Pola súa banda, tras recibir a chamada de varios particulares, os xestores de emerxencias do 112 Galicia informaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaban unha ambulancia medicalizada para a atención da ferida, que foi trasladada ao centro hospitalario de referencia. Ademais dos servizos sanitarios, tamén foron alertados os Bombeiros de Boiro, os axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local, os membros do GES de Brión e os efectivos de Protección Civil.

Control da Garda Civil de Tráfico da Coruña.. GARDA CIVIL DE TRÁFICO - Arquivo
Control da Garda Civil de Tráfico da Coruña.. GARDA CIVIL DE TRÁFICO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta