La Voz ataca ás mareas e Anova no tramo final da campaña electoral por apoiar o "secesionismo" catalán

Así é a tranformación do "doutor jekyll a mister hyde" do xornal de Santiago Rey cando fala do procés catalán e dos seus apoios en Galicia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2019 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

La Voz de Galicia, xornal coruñés propietario do editor Santiago Rey, leva anos criticando e denunciando a situación que se vive en Cataluña cunha liña editorial contraria aos independentistas. Mostrouse en contra do referendo, apoiou a setencia contra Junqueras e o resto de ex consellers e os jordis e foi moi duro no ataque aos que se manifestaron en contra da sentencia. 

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

En Galicia, o procés catalán tivo sempre o apoio, ademais dos independentistas galegos, do BNG e doutras formacións nacionalistas, como En Marea, Cerna ou Anova, ou algunhas mareas locais. Un apoio que se fixo explicito nos últimos meses.

De feito, hai unhas semanas, o BNG asinaba un manifiesto con doce partidos independentistas nacionalistas, entre ellos Junts per Catalunya (JxCat), PDECat, ERC, EH Bildu, ou a CUP. Foi a chamada Declaración de la Llotja de Mar na que se reclama  a “autodeterminación dos pobos” e a “liberdade dos presos político”. Un documento que apoio Oriol Junqueras, en prisión; Carles Puigdemont, fuxido en Béxica e o actual presidente da Generalitat, Quim Torra.

Pero, La Voz, a pesar do seu odio ao procés catalán, decidiu titular “El PNV no apoya un texto de ERC, JxC, BNG y Bildu por la autodeterminación”. Tampouco criticou ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores cando o BNG votou en contra dunha moción do PP para expresar o seu apoio incondicional ás forzas e corpos de seguridade do Estado, tras os altercados producidos en Cataluña ao coñecerse a sentencia do Procés. 

Nin tampouco o fixo con Ana Pontón, a líder do BNG, cando amosou públicamente o seu "rexeitamento" ao fallo do Alto Tribunal por tratarse dun xuízo "inxusto e desproporcionado" contra unhas persoas que van ir a prisión "por defender ideas políticas".  Por iso, Pontón  reclamou que o novo Goberno que resulte das xerais faga unha rectificación" desta situación, porque a crise en Cataluña "é de índole política" e "pode ser solucionada pola vía do diálogo e da democracia", que é "a única saída".

MOCIÓN DA MAREA ATLÁNTICA

Curiosamente iso é o mesmo que pide a Marea Atlántica da Coruña a través dunha moción que se discute este xoves e na quere que o Goberno impulse unha “lei de amnistía para a posta en liberdade” dos condenados polo Tribunal Supremo e que o futuro Executivo abra un “proceso de diálogo” co Goberno catalán encamiñado a buscar unha “saída política e negociada” ao conflito territorial “sobre a base do dereito a decidir”

Unha petición que defenden e apoian sectores políticos independentistas e nacionalistas galegos, como Anova, Cerna ou o BNG, e outros confederais como Podemos e IU, e mesmo sectores do PSOE, pero que para La Voz de Galicia, no seu efecto de "doutor jekyll e mister hyde” supón agora “cargar contra el Supremo” e “reclamar la amnistía de los secesionistas” porque o pide a Marea Atlántica. E tamén carga contra Anova por “sumarse a la Marea Atlántica en su exigencia de amnistía a los secesionistas”.

E, como para La Voz, o BNG xa non é un partido que apoia aos “secesionistas” cataláns, na súa crónica lembra que o pasado ano foi a marea a que cualificou  de “negro resultado del autoritarismo”  o auto de prisión provisional para os políticos catalán condenados por sedición, entre eles Junqueras, co que se reuniu en prisión tanto o líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, como a do BNG, Ana Pontón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

1 Xesús Ateo Recalcitrande

Con VOX La Voz de Galicia nunca se mete. Quizás porque no fondo non lle disgusta nada. Só se mete con quen está diametralmente oposto á súa liña de xornal ao servizo da dereita franquista do Partido Popular a cambio de numerosas subvencións para o seu grupo editorial e audiovisual.