Alerta por forte temporal de vento e ondas de ata 7 metros

Protección Civil e Emerxencias pide precaución aos cidadáns.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/11/2019 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

Protección Civil e Emerxencias alertou ao norte da Península por forte temporal de vento que afectará especialmente as costas de Galicia e do Cantábrico, onde se esperan ondas de ata sete metros de altura este xoves e venres.

Temporal no mar
Temporal no mar | Fonte: @ Miguel Núñez.

Ademais, segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), tamén se esperan nevaradas en zonas altas da metade norte e choivas de certa intensidade que este venres e aumentarán os ventos en terra en Península, Baleares e Canarias. 

Ante o risco por fenómenos costeiros, Protección Civil recomenda a quen se atope en zonas marítimas que procuren afastarse da praia e doutros lugares baixos que poidan ser afectados polas elevadas mareas e ondadas que adoitan xerarse ante a intensidade de ventos fortes.

Tamén aconsella non estacionar os vehículos en zonas que poidan verse afectadas pola ondada, xa que nestas situacións, o mar adquire condicións extraordinarias e pode arrastralos se se atopan nas proximidades do mar; e pide non pór en risco a vida ante as imaxes espectaculares da forte ondada.

Fronte aos fortes ventos, Protección Civil lembra que convén asegurar portas, xanelas e todos aqueles obxectos que poidan caer á vía pública e afastarse de cornixas, árbores, muros ou edificacións en construción ou guindastres que poidan desprenderse, así como absterse de subir ás estadas sen as medidas adecuadas de protección.

Do mesmo xeito, recomenda aos condutores que extremen as precaucións, especialmente na saída de túneles, adiantamentos e cruzamento con vehículos pesados en estradas de dobre sentido e prestar atención ante a posible presenza de obstáculos na estrada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta