Parte do independentismo galego pide a abstención o 10N

Din do BNG que son “socialdemocracia autonomista” e de Unidas Podemos que son os herdeiros dos que pactaron o “postfranquismo”. Súmanse a Anova e En Marea que anunciaron que non apoian a ningún partido nestes comicios.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/11/2019 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

A formación independentista Agora Galiza-Unidade Popular pide a abstención nas eleccións do 10N ao entender que os partidos que se presentan a estes comicios, incluído o nacionalismo galego, son “simples comparsinhas e satélites dos muros de contençom da enxurrada popular”.

Acto político de Agora Galiza nos actos do Dïa da Patria
Acto político de Agora Galiza nos actos do Dïa da Patria | Fonte: Agora Galiza

Apelar a votar á socialdemocracia autonomista –di do BNG—ou emprestar o voto o tándem do telepricador madrileño e o eurocomunismo que pactou o postfranquismo –en alusión a Unidas Podemos-- , só reforça o ilusionismo eleitoral e arquitetura jurídico-política da terceira restauraçom bourbónica", apunta.

Nun comunicado, esta formación suliña que “só com sólidos principios ideológicos, coerente linha política, ambiciosa e audaz açom teórico-prática, será viável vertebrar o espaço sociopolítico anticapitalista e independentista galego”.  Neste sentido, Agora Galiza-Unidade Popular reafirmase na “independência de clase” e no “combatimento a colaboraçom de clases” como os eixos medulares para “reconstruír a esquerda revolucionária socialista/comunista na Galiza do século XXI”.

Ademais, do independentismo, outras organizacións nacionalistas como Anova e tamén En Marea rexeitaron participar nestes comicios e non apoian a ningunha das formacións galegas que se presentan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

7 Iván Rodríguez Lombardero

A decisión de En Marea de non presentarse -consecuencia de non acadar acordos para candidaturas amplas- foi precisamente para non dividir e dificultar a entrada de representantes á esquerda do PSOE no congreso. Dar liberdade de voto nada ten que ver con chamar á abstención.

6 Realpolitik

4 gatos e o gaiteiro chamando á abstención e a non votar ó BNG, o único partido nacionalista galego... Eu son independentista e esta procesión de minibús non só non me representa, é que son uns ilusos e uns fracasados. Por eso voto e votarei ó bloque, porque están alí onde Galiza os precisa e non a facer pintadiñas propalestinas, pegatinas de malotes perigosos ou vandalizando a pedra de monumentos galegos. Iste independentismo de postal dame mágoa-rriso, noxo-vergoña. No BNG hai sitio pra todos e eles veña a pontificarse coma os verdadeiros galegos. Menos litronas e máis compromiso ca nación, iluminados cegados de vós mesmos!

5 Escarnasedo

Qué se pode agardar de quén é incapaz de erguer unha soa acción social. O independentismo pode ser unha vía de saída ao povo galego. Non a estraguedes. Obrigado.

4 un do bloque

Non ha xente para tanta pancarta!!!!

3 alto o semaforo vermello

ante a ameaza do facismo do grupo tenebroso (vox-pepeiro-chupadangas) o vello dixo abstención... e eu preguntome si son pailaneiros, asi de claro si e o día internacional do pailano ou algo polo estilo ou acaso non sabe que o pepeiro o voxito e o chupadangas propuseron nos mandriles a eliminación das autonomías, a ilegalización de partidos políticos, incluso o pnv... desde euskade xa lles deron un aviso claro e rotundo do que pasaría si se meten nese camiÑo... incluso un partido rexionalista como compromis, según vox estaría roazando a ilegalización... non saben acaso que vox SOCIO SEGURO do pepeiro dixo de meter coma organizacions terroristas os de catalunña... señores o son pailaneiros o uns sectareos o uns rencorosos, coma certo ególatra!