Parte do independentismo galego pide a abstención o 10N

Din do BNG que son “socialdemocracia autonomista” e de Unidas Podemos que son os herdeiros dos que pactaron o “postfranquismo”. Súmanse a Anova e En Marea que anunciaron que non apoian a ningún partido nestes comicios.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/11/2019 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

A formación independentista Agora Galiza-Unidade Popular pide a abstención nas eleccións do 10N ao entender que os partidos que se presentan a estes comicios, incluído o nacionalismo galego, son “simples comparsinhas e satélites dos muros de contençom da enxurrada popular”.

Acto político de Agora Galiza nos actos do Dïa da Patria
Acto político de Agora Galiza nos actos do Dïa da Patria | Fonte: Agora Galiza

Apelar a votar á socialdemocracia autonomista –di do BNG—ou emprestar o voto o tándem do telepricador madrileño e o eurocomunismo que pactou o postfranquismo –en alusión a Unidas Podemos-- , só reforça o ilusionismo eleitoral e arquitetura jurídico-política da terceira restauraçom bourbónica", apunta.

Nun comunicado, esta formación suliña que “só com sólidos principios ideológicos, coerente linha política, ambiciosa e audaz açom teórico-prática, será viável vertebrar o espaço sociopolítico anticapitalista e independentista galego”.  Neste sentido, Agora Galiza-Unidade Popular reafirmase na “independência de clase” e no “combatimento a colaboraçom de clases” como os eixos medulares para “reconstruír a esquerda revolucionária socialista/comunista na Galiza do século XXI”.

Ademais, do independentismo, outras organizacións nacionalistas como Anova e tamén En Marea rexeitaron participar nestes comicios e non apoian a ningunha das formacións galegas que se presentan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

2 botabox@gmail.com

Catro jatos sen oficio beneficio nun serebriño.eramos poucos e pariu a avoa.

1 anonimo

Eso, o que ten futuro é un estado independente galego comunista. Revivir a Albania de Enver Hoxa, con cartillas de racionamento, fronteiras pechadas e delirios ideolóxicos a tutti plen: eso o que ven a decir a retórica inflamada e panfletaria de algúns grupúsculos que pensan que eles son a vangarda da " enxurrada popular". Seica a xente tolea por resucitar os sistemas comunistas que fracasaron e fóronse ao tacho.

1 pristino

Isso. Viva o paraiso capitalista de Haiti, Israel e Arabia Saudita. E as fronteiras abertas de EE.UU. ! Enfim. A seguir defendendo o fraude fiscal, nom se anoje o amo.