A educación en loita: o profesorado di estar farto do "desprezo" da Xunta a súa situación laboral

Sindicatos de educación anuncian mobilizacións en novembro e decembro para "recuperar os dereitos dos docentes" en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2019 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

Os sindicatos galegos tomaron unha posición unánime para reclamar á Xunta "recuperar as condicións laborais anteriores aos recortes de 2011" con mobilizacións durante novembro e decembro no territorio galego. Todas as forzas sindicais con representación no ámbito da educación explicaron que, en 2011, o Goberno de Alberto Núñez Feijóo "aumentou as horas lectivas do profesorado de secundaria e primaria". Agora, os sindicatos reivindícanse: "non pedimos traballar menos, pedimos traballar mellor". Ao seu xuízo, existe a posibilidade de "recuperar" o que lles "arrebataron" durante a crise.

O profesorado galego non entende que a Consellería de Educación e a súa máxima responsable, Carmen Pomar, actúe con "tanto desprezo" cara ás súas demandas, que o que buscan é "cambiar o número de horas lectivas", para ofrecer unha "mellor atención aos alumnos" e non "reducir o cómputo global de horas" dos profesores.

Os sindicatos de educación reivindican os dereitos dos docentes. CIG
Os sindicatos de educación reivindican os dereitos dos docentes. CIG | Fonte: Europa Press

"En 2011 Feijóo derrogou o decreto de 2007", manifestou Suso Bermello da CIG. Con esta medida, os docentes de secundaria pasaron a traballar de 18 a 20 horas lectivas e os de primaria de 21 a 25" á semana. "Isto é unha decisión política" que se pode reverter, pero que o Goberno galego nega por cabezonería política" asegura.

Por este motivo as forzas sindicais convocaron diversas mobilizacións. O 13 de novembro todos os delegados sindicais reuniranse ante Educación. Unha semana despois, o 21 de novembro, celebraranse concentracións de profesorado no sete cidades galegas e o 12 de decembro está convocada unha folga xeral de todos os docentes.

DEMANDAS

Ademais, Bermello puxo sobre a mesa outros problemas que afectan á educación pública galega, como o peche das unitarias no rural ou o agrupamiento de diferentes idades nestas zonas. Tamén a "asombrosa carga burocrática" dos profesores, a elección dos equipos directivos de forma "antidemocrática" ou "a obrigación de impartir especialidades que non forman parte da formación académica" dos docentes.

Pola súa banda, a secretaria de Ensino da UXT, Paula Carreiro, fixo fincapé en que eses recortes afectaron e afectan o "alumnado que precisa de atención á diversidade, e tamén aos diferentes tipos de familia". Para José Carlos Fernández de Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF): "a situación non se pode prolongar, a Xunta foi extremadamente dilixente no momento de recortar, pero non o está sendo á hora de devolver os dereitos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta