Denuncian que a alcaldesa de Moraña pide o voto por correo "regalando lotaría de Nadal"

Para o PSOE, de feito, "tería que terminar cunha sanción á alcaldesa, Luisa Piñeiro (PP), que xa se distinguiu noutras ocasións pola súa falta de transparencia".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2019 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

O PSOE da provincia de Pontevedra denunciou ante a xunta electoral que o Partido Popular "fixo envíos aos electores do concello de Moraña dunha participación de lotaría deste partido xunto coa propaganda electoral, sobres coas papeletas ao Congreso e ao Senado do Partido Popular e unha carta asinada pola propia alcaldesa, Luisa Piñeiro, solicitando o voto nos próximos comicios do 10N".

A través dunha nota de prensa, os socialistas indican que tiveron constancia destes feitos no concello de Moraña, "aínda que non se descarta que esta acción se poida estar a repetir noutros puntos da provincia".

"Estes feitos incumpren o establecido no artigo 50 e seguintes de lei orgánica de réxime electoral xeneral", advirte o PSOE no comunicado. Tras ter "constancia" destes envíos, os socialistas da provincia presentaron denuncia na que solicitan á xunta electoral de zona a apertura de expediente sancionador "que permita coñecer todos os detalles e o alcance da gravidade desta acción".

Para o PSOE, de feito, "tería que terminar cunha sanción á alcaldesa, Luisa Piñeiro, que xa se distinguiu noutras ocasións pola súa falta de transparencia e de escrúpulos á hora de alcanzar os seus obxectivos".

O PSOE denuncia que a alcaldesa de Moraña pide o voto con lotaría. REMITIDA
O PSOE denuncia que a alcaldesa de Moraña pide o voto con lotaría. REMITIDA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

A promesa de remuneración está no art.146, e a pena prevista é alternativa: prisión de seis meses a tres anos ou multa de doce a vintecatro meses. E que é a lotaría de nadal, senón unha promesa? Estáche ben o conto...