A CIG vence nas eleccións sindicais de Ferroatlántica Cee e Dumbría e as centrais hidroeléctricas

Obtivo o 51,15% dos votos, un 5% máis que no último proceso.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 08/11/2019 | Actualizada ás 20:18

Comparte esta noticia

A CIG venceu nas eleccións sindicais celebradas nas fábricas de Ferroatlántica de Cee e Dumbría e nas centrais hidroeléctricas ao obter o 51,15% dos votos, un 5% máis que no último proceso.

Concentración traballadores Ferroatlántica
Concentración traballadores Ferroatlántica | Fonte: Remitida.

Deste xeito, a central nacionalista revalida o seis delegados de persoal que tiña no comité de empresa, integrado por 13 membros, segundo informa o propio sindicato.

As eleccións sindicais producíronse nun contexto de incerteza sobre a continuidade dos postos de traballo nas plantas despois da compra do fondo norteamericano TPG.

Así, a CIG avanza que reivindicar un plan de viabilidade para as plantas "é un obxectivo prioritario a curto prazo, porque para esixir melloras ten que haber fábricas e postos de traballo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta