Inditex sitúase entre as empresas sistémicas españolas máis exitosas, segundo un estudo

Fundación La Caixa-CaixaBank, Telefónica e El Corte Inglés, nas primeiras posicións.

Por E.P. | MADRID | 10/11/2019 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

Fundación La Caixa-CaixaBank, Telefónica e El Corte Inglés son as tres empresas sistémicas para a economía española máis exitosas do país, ao conseguir unha puntuación de 8,8 puntos, 8,6 e 8, respectivamente, sobre unha escala de 10. Séguelles o grupo galego Inditex, cunha nota de 7,8.

Así se desprende do último estudo que elabora semestralmente a consultora Advice Strategic Consultants a partir dunha enquisa realizada entre os meses de xullo e outubro a 2.500 persoas, 2.400 pemes e autónomos, 1.000 líderes de opinión e 400 organismos públicos, con metodoloxía do CIS e do INE.

Trátase dunha análise que mide o grao de xestión empresarial das grandes compañías españolas, xunto co liderado dos seus presidentes, neste caso de Isidre Fainé, na Caixa; Gonzalo Gortázar, en CaixaBank; José María Álvarez-Pajete, en Telefónica, e Marta Álvarez, Víctor del Pozo e Jesús Nuño de la Rosa, no Corte Inglés, así como a súa reputación e responsabilidade social corporativa.

Ente o resto de parámetros que destacan os enquisados para a elección destas empresas atópanse a contribución económica a España, a dixitalización, a xeración de emprego, a innovación, o trato aos clientes, a calidade dos produtos e servizos que ofrecen, a presenza internacional ou a relación con accionistas e empregados.

Sede de Inditex en Arteixo
Sede de Inditex en Arteixo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta