Intoxicadas catro persoas, entre elas dous menores, pola mala combustión dunha cheminea en Dodro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2019 | Actualizada ás 09:41

Comparte esta noticia

Catro persoas, entre elas dous menores, foron trasladadas a un centro médico na madrugada deste luns no municipio de Dodro ao presentar síntomas de intoxicación por monóxido de carbono debido á defectuosa combustión dunha cheminea.

Así o informou o 112 Galicia, que concretou que os feitos ocorreron no lugar de Bexo, na parroquia de San Xoán de Laíño, sobre as 4,30 horas deste luns. Despois de ter constancia, por parte do CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, do GES de Padrón e da Garda Civil.

En concreto, o 061 desprazou unha ambulancia de soporte vital básico que levou ao Hospital Clínico a unha muller de 38 anos, a unha moza de 18 e a dous menores, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Mentres, unha vez na vivenda, os servizos de emerxencia levaron a cabo labores de ventilación na casa. Segundo indicóuselle ao 112 Galicia, finalizaron a súa intervención sobre as 6,00 horas.

Lume nunha lareira
Lume nunha lareira | Fonte: sergas.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta