Parte do litoral galego volverá ter este martes aviso laranxa por ondas de 5 a 6 metros de altura

Será nas provincias da Coruña e Lugo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2019 | Actualizada ás 10:33

Comparte esta noticia

Parte do litoral coruñés e o da Mariña luguesa volverán ter este martes aviso laranxa por ondas de cinco a seis metros de altura, mentres que será amarelo nas Rías Baixas.

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, recollido por Europa Press, un centro de baixas presións situado ao noroeste de Galicia traerá ondas superiores aos catro metros, que poden superar o cinco metros no litoral norte.

En concreto, entre as 3,00 e as 9,00 horas o aviso será amarelo na Mariña, Costa da Morte e noroeste do litoral coruñés por ondas de catro a cinco metros de altura, tras o que pasará a laranxa por mar de fondo do noroeste con ondas de cinco a seis metros.

Mentres, nas Rías Baixas o aviso amarelo activarase desde as 12,00 horas por ondas de catro a cinco metros de altura.

AVISO NO LITORAL GALEGO POR ONDAS PARA O MARTES 12 DE NOVEMBRO.. METEOGALICIA
AVISO NO LITORAL GALEGO POR ONDAS PARA O MARTES 12 DE NOVEMBRO.. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta