Selo de garantía para o aceite autóctono galego

Trátase da primeira certificación de carácter oficial que garante a produción de aceite provinte de oliveiras galegas. O acto terá lugar o vindeiro día 16 de novembro en Arnoia, e contará coa asistencia de distintas autoridades.

Por X.M. Fernández | Ourense | 11/11/2019 | Actualizada ás 22:55

Comparte esta noticia

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia (APAAG), segue dando pasos de cara á consolidación do sector oliveiral na Comunidade Autónoma de Galicia. Tras meses de traballo conxunto coa Consellería de Medio Rural elaborou un selo de garantía que poderán levar os envases comercializados polos membros da asociación que garante que o aceite é elaborado en Galicia e con oliveiras galegas.

Oliveira galega. Foto: Marga Méndez
Oliveira galega. Foto: Marga Méndez

A procura dun marco normativo que defenda e promocione a consolidación das oliveiras en Galicia é un dos fins principais da APAAG, que dará a coñecer máis detalles desta iniciativa o vindeiro sábado 16 de novembro nun acto que se celebrará no local da antiga cooperativa do pemento da Arnoia.

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia, naceu en decembro do 2014 pretendendo agrupar nunha mesma entidade a todos os produtores de aceite e aceituna do territorio galego para asesorar sobre todo o relativo á cultivo das oliveiras, e defender o sector no seu conxunto.

Desde a entidade ofréceselle aos socios/as asesoramento para a mellora das plantacións con formacións, apoio e colaboracións en investigacións, publicacións, promoción de actos, etc. E como fin estrutural a súa intención é acadar que se regule o sector a través dun novo marco normativo que recoñeza e protexa a calidade do auténtico aceite que se produce en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta