Santiago non competirá con Vigo en luces de Nadal

Destinará máis de 215.000 euros á iluminación, fronte aos case seis que destinou Vigo o pasado ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2019 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago destinará un orzamento de máis 215.000 euros á iluminación do Nadal da cidade, que será inaugurada o próximo 5 de decembro, véspera da Ponte da Constitución. Así o informou en rolda de prensa tras a Xunta de Goberno deste luns o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, quen declinou entrar en detalles sobre a iluminación ata que sexa presentada "no seu momento".

En concreto, o Concello de Santiago adxudicou o contrato da iluminación do Nadal á empresa Iluminacións Santiaguesas S.L. por un importe de 215.985 euros (IVE incluído). Ademais, preguntado sobre se se manterá o belén, o rexedor puntualizou que haberá dous; un na Praza do Obradoiro e o tradicional na igrexa de San Fiz.

Sobre outros asuntos aprobados na Xunta de Goberno, o alcalde destacou a concesión dunha licenza a Finsa para a construción dunha nave para a implantación da astilladora na rúa Murcia; así como senllos proxectos de intervención no Castelo de Rocha Forte, un para o xacemento exterior e outro para "continuar a recuperación do espazo da antiga fortaleza", precisou.

Luces de Nadal en Santiago de Compostela. REMITIDA - Arquivo
Luces de Nadal en Santiago de Compostela. REMITIDA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta