Conceden o XIV Premio Familia Empresaria de Galicia á familia Pérez Nieto

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2019 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

A Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) concede o XIV Premio Familia Empresaria de Galicia á familia Pérez Nieto, da empresa Pérez Rumbao.

O Premio Familia Empresaria de Galicia ten un carácter anual e a AGEF busca "recoñecer a contribución" das familias á economía galega. Neste caso, o galardón concédenllo á que consideran a empresa "líder" do sector automobilístico en Galicia.

A Asociación homenaxea así á empresa fundada en Ourense hai case 100 anos e "agradece" a Emilio Pérez Nieto, presidente de honra da compañía, o seu "compromiso" coa asociación, da que foi primeiro presidente e cofundador.

A AGEF consiste nunha asociación de empresas con raíces de Galicia e ten entre os seus obxectivos mostrar a "importancia" da empresa familiar na economía e "axudar" ás empresas familiares a xestionar os seus desafíos.

O emrpesario Emilio Pérez Nieto, con Feijóo e Abel Caballero
O emrpesario Emilio Pérez Nieto, con Feijóo e Abel Caballero | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta