Móbiles todoterreo: os apropiados para os traballadores da industria

Aguantan fortes caídas e golpes, temperaturas extremas e poden somerxerse na auga durante hora e media.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2019 | Actualizada ás 04:00

Comparte esta noticia

Caterpillar foi sempre coñecido como un dos fabricantes máis grandes do mundo de maquinaria para a construción, pero recentemente decidiron introducirse no mercado da telefonía móbil ofrecendo unha serie de características bastante particulares. O principal obxectivo da empresa neste sector é a fabricación de dispositivos altamente resistentes coñecidos como móbiles todoterreo. Estes están enfocados principalmente a aquelas persoas que traballan no sector industrial ou profesional.

Teléfono móbil.
Teléfono móbil.

GRAN RESISTENCIA

Un dos produtos estrela da compañía é o modelo CAT S41, o cal conta cunhas especificacións moi interesantes para todos aqueles que estean a buscar un dispositivo "acoirazado". Presenta unha pantalla de 5 polgadas con tecnoloxía IPS. A resolución é de 1920x1080 cunha densidade de 441 píxeles por polgada. Dispón dun procesador de 8 núcleos, 3 Gb de memoria RAM e 32 Gb de almacenamento. A súa cámara principal é de 13 megapixels, e ademais permite gravar vídeos en Full HD 1080p. Tamén dispón dunha cámara frontal de 8 megapíxeles.

Máis aínda, dispón da certificación MIL-STD-810G. Isto significa que os terminais foron sometidos a duras probas de tensións sendo superadas satisfactoriamente. Pode resistir impactos desde unha altura de 1,8 metros cunha forza de 1G sobre formigón. Tamén conta coa certificación IP68. Pode mergullarse completamente durante unha hora a dous metros de profundidade e é resistente ás partículas de po máis finas.

A súa xenerosa batería de 5000 mAh permite facer un uso intensivo do terminal durante toda a xornada. Mesmo é posible compartir a carga con outros dispositivos coma se dunha powerbank se tratase. A pantalla Corning Gorilla Glass de clase 5 achega a última tecnoloxía para resistir a golpes e arañazos. Ademais, o panel táctil permite usar o Smartphone con dedos mollados ou con luvas. É capaz de soportar temperaturas extremas que van desde os -25ºC até máis de 55ºC. 

NA VARIEDADE ESTÁ O GUSTO

No caso de que as necesidades sexan outras, existe unha ampla gama de dispositivos rugerizados entre os que se pode elixir. Unha boa alternativa ao modelo anterior sería o CAT S61. Trátase dun terminal que ademais de dispor dos certificados anteriormente mencionados, incorpora algunhas funcionalidades pouco comúns nos smartphones clásicos, principalmente enfocadas ao sector industrial.

Entre estas características atópase a cámara térmica FLIR, a cal traballa nun rango que vai desde os -20ºC até os 400ºC permitindo atopar perdas de calor, sobrecarga nos circuítos ou humidades. Tamén dispón de visión nocturna que permitirá ver a través de fume ou néboa. Un sensor de calidade de aire que será capaz de notificarnos cando os niveis de contaminantes sexan altos e ademais incorpora un medidor de distancia láser cun alcance de até 10 metros. Se o software máis punteiro non é o teu principal obxectivo, podes optar por adquirir a versión CAT S60, un modelo anterior que resultará máis económico cunhas características moi similares. 

En definitiva, se estás interesado en adquirir un móbil altamente resistente, calquera dos presentados por Caterpillar cumprirá coas expectativas. Como non todos os usuarios teñen as mesmas necesidades, é recomendable valorar cal se adapta mellor aos nosos intereses, xa que existe unha ampla gama con características moi específicas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta