Piden a absolución para un funcionario condenado por pedir cartos a inmigrantes para tramitar permisos de residencia

O seu avogado pide unha pena en "grao mínimo" no caso de que se manteña a condena do seu cliente.

Por Europa Press / Redacción | CORUÑA, A | 12/11/2019 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

O avogado dun funcionario da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, condenado a tres anos de cárcere por recibir pagos pola tramitación de permisos de residencia, pediu a absolución do seu cliente por considerar que non existe "unha proba concreta" contra el.

Fíxoo na vista de apelación celebrada na Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), tras o recurso presentado por esta parte. Aos seus argumentos, opúxose a Fiscalía, quen se remitiu aos feitos considerados probados na sentenza e remarcou que, en base a eles, si existe "actividade probatoria suficiente".

Na sentenza ademais da condena a prisión, impúxoselle o pago dunha multa de 5.400 euros e sete anos de inhabilitación para emprego ou cargo público. No xuízo, a Fiscalía demandara penas que sumaban oito anos de prisión e dúas sancións que sumaban 9.600 euros, ademais de 13 anos de inhabilitación especial para emprego ou cargo público. Tamén esixira a devolución do diñeiro cobrado polo servizo.

FEITOS


Segundo se considerou probado, o funcionario, no ano 2016 iniciou, tramitou e finalizou catro expedientes de residencia, algúns de longa duración e outros de residencia temporal inicial, polos que non debía percibir remuneración.

Polo servizo, demandou un "regaliño" a unha muller, que lle entregou 50 euros, ademais de realizar cambios na data da súa solicitude de autorización. Mentres, a outra muller indicoulle que debía entregarlle "algo", así que ela acudiu á Subdelegación con 200 euros. No entanto, non o fixo dado que foi atendida por outra funcionaria. Así mesmo, a unha terceira afectada pediulle 150 euros. Na vista de apelación, o avogado alegou a vulneración da presunción de inocencia, á vez que puxo en cuestión o relato dalgunhas das denunciantes, que chegou de cualificar de "rocambolesco".

Sede TSXG. EUROPA PRESS - Arquivo
Sede TSXG. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta