O Xulgado ordena seguir a causa contra o alcalde de Vilanova por un "delito leve de falta de respecto" a Carmela Silva

O rexedor chamou á presidenta provincial "chacha para todo" de Abel Caballero

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2019 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra ordena seguir a causa contra o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán Hermida, por un "delito leve de falta de respecto" á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova
Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova | Fonte: TVG.

En concreto, este rexedor do Partido Popular cualificou á presidenta provincial, a socialista Carmela Silva, de "chacha para todo" do "ancián", en referencia ao alcalde de Vigo, Abel Cabalero.

Respecto diso, nun auto que deu a coñecer este martes o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra decreta o fin da instrución na que se investigaba a Gonzalo Durán por estas declaracións.

A maxistrada considera que "hai indicios suficientes" para que o procedemento se siga contra o rexedor por "un delito leve de falta de respecto e consideración debida á autoridade".

Por estas palabras, o rexedor acudiu a declarar en sede xudicial o pasado 25 de xuño. Tras a súa comparecencia, Gonzalo Durán reafirmouse ao asegurar que as súas afirmacións ían encamiñadas a denunciar que Silva é "unha correa de trasmisión" que se dedica a facer o "traballo sucio" para Abel Caballero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta