Piden á Deputación da Coruña a retirada do título de “Hijos Adoptivos” a 35 franquistas, entre eles, a Fraga

Piden á Deputación da Coruña a retirada do título de “Hijos Adoptivos” a 35 franquistas, entre eles, a Fraga Entre eles está Manuel Fraga, os xenerais golpistas Enrique Cánovas ou Constantino Lobo ou falanxista e ministro franquista José Antonio Girón de Velasco.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 13/11/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Colectivo de Presos e Presas na Ditadura presentará un informe á Deputación da Coruña na que pide que se lle retire o título de “Hijos Adoptivos” a 35 cargos e militares franquistas, entre eles, o ex presidente da Xunta e ex ministro con Franco, Manuel Fraga.

Desaparece o busto de Manuel Fraga en Vilalba (Lugo)
Desaparece o busto de Manuel Fraga en Vilalba (Lugo)

Este mesmo colectivo presentaba en decembro de 2018 o manifesto “Non queremos ao camarada Fraga como Fillo Adoptivo”, apoiado por 50 historiadoras e historiadores. Despois desta iniciativa, o Pleno de Ferrol aprobaba o 25 de abril de 2019 retirar a Manuel Fraga a distinción de Fillo Adoptivo e o Pleno da Coruña de 6 de maio de 2019 tamén aprobaba iniciar o expediente para a retirada da distinción de Fillo Adoptivo da Coruña, concedida hai 50 anos, o 24 de decembro de 1968. 

Tamén Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG-PSOE manifestaba o seu apoio a estes dous acordos plenarios destacando que esas distincións foron concedidas na ditadura. Con todo, Manuel Fraga aínda é Fillo Adoptivo da provincia da Coruña, de Santiago e doutros concellos de Galicia.

No documento que presentará este colectivo figuran, ademais de Fraga, o xeneral golpista Enrique Cánovas Lacruz, a quen o Concello da Coruña xa retirou esa distinción hai 10 anos. Tamén José Antonio Girón de Velasco, falanxista e ministro na ditadura, e Constantino Lobo, xeneral golpista, a quen o Concello das Pontes, do que é alcalde Valentín González Formoso, retirou hai dez anos as distincións, pero que conservan a de “Hijo Adoptivo e Predilecto de la Provincia” no organismo provincial.

Tamén está Salvador Moreno Fernández, almirante golpista, así como os catro principais militares golpistas, que organizaron a sublevación na Coruña o 18 de xullo de 1936 e Enrique Salgado Torres, falanxista e participante na represión, a quen o Pleno de Ferrol xa lle retirou a súa rúa no Pleno de 2 de marzo de 1981.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta