Feijóo: "A Xunta baixou os impostos ás rendas baixas"

Villares bótalle en cara que lle baixe os impostos "ás fortunas máis altas de Galicia"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2019 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que o seu Goberno "se caracteriza" por baixar os impostos ás "rendas baixas" e asegurou que Galicia é a Comunidade que "máis converxeu en renda per cápita na última década". Pronunciouse deste xeito durante a sesión de control do Parlamento de Galicia en resposta a unha pregunta formulada polo portavoz de En Marea, Luís Villares, quen lle afeou ao presidente unha rebaixa de impostos que, na súa opinión, "impide atender servizos públicos imprescindibles".

"Vostede sabe que a tarifa do IRPF en Galicia para as rendas máis baixas é máis favorable que a media de todas as comunidades autónomas?", preguntou Feijóo, que considerou que Villares debería "saber" este dato para "non dicir" que o seu equipo "baixa os impostos ás rendas altas".

Despois de que Villares asegurase que a rebaixa do imposto de sucesións ás "fortunas máis altas de Galicia é unha política insolidaria que deixa sen servizos imprescindibles á cidadanía", Feijóo asegurou que no imposto de patrimonio "as rendas altas pagan o mesmo que no goberno bipartito". "No imposto da renda, as rendas baixas pagan menos que no bipartito. Ese é o resumo da política fiscal da comunidade autónoma", manifestou.

No debate no que Villares denunciou a "decadencia industrial" que sofre Galicia e que "a taxa de temporalidade segue crecendo entre as traballadoras e está situada por encima da meda española", o presidente replicou que "Galicia é a comunidade que máis converxeu en renda per cápita en España na última década".

O portavoz de En Marea, Luís Villares.. EN MAREA - Arquivo
O portavoz de En Marea, Luís Villares.. EN MAREA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta