O alcalde de Oleiros inicia unha acampada de 48 horas para esixir infraestruturas viarias na comarca coruñesa

Ángel García Seoane apelou, ademais, aos deputados galegos de Unidas Podemos e do BNG, elixidos nas eleccións do domingo, para que se atendan as súas demandas.

Por E.P. | A CORUÑA | 13/11/2019 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, iniciou este mércores unha acampada de 48 horas, ata o venres pola mañá, para esixir ao Ministerio de Fomento obras de infraestruturas viarias na comarca coruñesa.

Cunha furgoneta na que se pode ler a reivindicación 'Obras xa!', o alcalde instalouse na intersección de Sol e Mar, na zona de Perillo, en Oleiros, para reclamar actuacións que melloren as conexións coa cidade herculina e que, segundo o rexedor, levan anos "esquecidas" polos distintos gobernos centrais.

No caso concreto de Sol e Mar, onde permanecerá o alcalde nunha furgoneta, explicou que Fomento conta cunha partida de catro millóns nos orzamentos que está sen executar e que posibilitaría a contratación desta obra, consistente na construción dun túnel e dunha rotonda en superficie.

"Hai dous anos que estas obras están paradas, un Goberno en funcións, cun orzamento prorrogado, pode contratar esta obra", recalcou o rexedor ao explicar os argumentos da súa protesta.

Ademais, dixo que o seu obxectivo é que agora, co novo Goberno, se atenda á comarca da Coruña nas súas demandas sobre infraestruturas viarias. Dela, sinalou que é "a gran esquecida de Galicia", afirmou en referencia a obras tamén demandadas como a ampliación da ponte da Pasaxe; a conexión da Vía Ártabra coa AP-9 ou a ampliación de Alfonso Molina.

Para que se atendan as súas demandas, apelou, ademais, aos deputados galegos de Unidas Podemos e do BNG, elixidos as eleccións do domingo. Ademais, avanzou que "se antes de seis meses non hai novidades", Alternativa dos Veciños, partido que goberna en Oleiros, concorrerá ás eleccións autonómicas.

Angel García Seoane, alcalde de Oleiros
Angel García Seoane, alcalde de Oleiros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Outro máis a repartir os votos... ? Os ricos tamén choran...?