A Deputación de Pontevedra apela a avanzar cara a paridade nas direccións das cofrarías

A iniciativa nace do encontro da presidenta provincial, Carmela Silva, coa Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2019 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra enviou cartas ás federacións provincial e galega de confrarías de pesca para trasladarlles as demandas das asociacións de mulleres do mar para que se tomen medidas que favorezan unha maior representación feminina nos seus órganos directivos, consultivos e de representación.

Diso informou a Deputación de Pontevedra nun comunicado, no que explica que a iniciativa nace despois do encontro da presidenta provincial, Carmela Silva, coa Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca), que aglutina a 21 asociacións de toda España e representa a máis de 10.000 mulleres do sector.

A institución provincial lembrou que esta asociación ten entre os seus obxectivos a visibilización das mulleres, o incremento do seu liderado e o impulso á participación efectiva nos órganos representativos, así como fomentar unha sociedade igualitaria e integradora desde a perspectiva de xénero.

Esta necesidade, conforme apuntou a Deputación, tamén foi expresada polo colectivo de mulleres 'Mar de Arousa', noutro encontro coa presidenta provincial. Esta entidade, que naceu para defender os dereitos das traballadoras do mar e esixir a súa presenza en postos de responsabilidade, integra a mariscadoras, perceberas, traballadoras das conservas, empresariais e algunha directiva.

No escrito, a deputación lembra o cambio significativo que se vive en canto á participación efectiva das mulleres nos órganos directivos en todos os ámbitos sectoriais que evidencian "un gran salto cualitativo na garantía dunha transición rápida cara ao ideal de paridade, un cambio ao que o mundo do mar non debería quedar alleo".

Manola, redeira de Cangas no Berbés © Miguel Nuñez
Manola, redeira de Cangas no Berbés © Miguel Nuñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta