Red Eléctrica Española en Galicia di que a subministración de electricidade está garantida pese a inactividade das térmicas

O delegado de Rede Eléctrica de España (REE), Carlos González, declarou que "as centrais térmicas das Pontes e Meirama non funcionan e, no seu lugar, funcionan os ciclos combinados de Sabón e As Pontes"

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 14/11/2019 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

O delegado de Rede Eléctrica de España (REE), Carlos González, asegurou que a subministración eléctrica está garantida, a pesar da falta de actividade nas centrais térmicas das Pontes e Meirama.

"Todos os programas que se desenvolvan en funcion da enerxía que haxa teñen que garantir esa subministración", dixo a preguntas dos xornalistas coincidindo coa súa presenza na inauguración dunha exposición de REE.

Por outra banda, afirmou, ao ser preguntado pola posible substitución da enerxía que xeran as térmicas pola eólica, que é "unha decisión que teñen que tomar as propias compañías en función das normas europeas".

"A nosa misión é conseguir non quedar sen luz, as centrais térmicas das Pontes e Meirama non funcionan e, no seu lugar, funcionan os ciclos combinados de Sabón e As Pontes", citou como exemplo.

Central térmica das Pontes (A Coruña). LEA PAZ - Arquivo
Central térmica das Pontes (A Coruña). LEA PAZ - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta