Temas: INTERNET R

Problemas no servizo de Internet de R por mor do temporal

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2019 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

O temporal que afecta esta xornada de xoves a Galicia provocou varios incidentes no servizo de clientes de R na Comunidade, segundo informa a compañía.

Temporal
Temporal | Fonte: © Miguel Núñez

Os problemas afectan a Internet nesta tarde de xoves. A compañía explica que se debe a que a treboada prexudicou un dos seus equipos.

Con todo, aseguraba este serán que o servizo comezaba a recuperarse "de forma gradual", mentres pedía desculpas aos clientes que a través das redes sociais mostraron o seu malestar.

Ademais, explica que unha vez se recupere o funcionamento, avaliaranse as compensacións polo tempo sen servizo, tal e como establece a lei.

Temas: INTERNET R
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta