Aberta a exposición 'Galicia, un relato no mundo', "un espello no que mirarse" para "facerse visible"

Feijóo reivindica a mostra como un exercicio de "concordia retroactiva", fronte a quen usa a historia "para separar".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/11/2019 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

A exposición 'Galicia, un relato no mundo', un "espello no que mirarse" e co que establecer "un diálogo", segundo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quedou inaugurada este xoves na Cidade da Cultura de Santiago. Poderá verse ata o próximo 12 de abril.

Inauguración de 'Galicia, un relato non mundo'. XUNTA
Inauguración de 'Galicia, un relato non mundo'. XUNTA | Fonte: Europa Press

Pola súa banda, o comisario, Manuel Gago, destacou que o obxectivo desta mostra, a primeira de tres grandes exposicións con motivo do Xacobeo 2021, é "crear un espazo compartido, un proxecto común e un facer visible Galicia". Iso, para unha nova xeración "transmedia".

Na súa intervención, Núñez Feijóo, despois dunha visita guiada e acompañado por diversas autoridades como o conselleiro de Cultura, o deán da Catedral de Santiago, o alcalde compostelán e o vicepresidente da Fundación Hispanoxudea, Alberto Ruiz-Gallardón, reivindicou os "retrincos dunha historia en que todos" poidan sentirse a gusto.

Resaltouno "nun momento" no que, dixo, hai quen utiliza "a historia como unha ferramenta para separar a xente". "Inventan discordia retroactiva", criticou, para contrapolo con que "aquí" hai "concordia retroactiva".

MÁIS DE 300 PEZAS

'Galicia, un relato non mundo' reúne máis de 300 pezas entre as que sobresaen algunhas como o denominado Libro das Invasións, onde se atopa a primeira mención coñecida ao lendario líder Breoán.

Tamén entre os seus imprescindibles sitúanse o Mapa de Sawley, un dos primeiros mapas mundi europeos; o Guerreiro de Lesenho e a Santa de Francisco Asorey.

Moitas delas é a primeira vez que se poden ver en Galicia, tal e como chamou a atención a comisaria do Xacobeo 2021 durante a inauguración.

Feijóo subliñou que a exposición mostra a "luz permanente e inesgotable" da cultura galega e "desmente o sambenito do atraso", aínda que en "momentos pouco propicios, Galicia trasládase para retornar con máis ánimos".

Por último, trasladou o seu agradecemento ao Museo do Prado, a Biblioteca Apostólica Vaticana, a Bodleian Library, o Trinity College de Dublín, a Universidade de Cambridge, o Museo Nacional de Arqueoloxía de Portugal, a Casa de Galicia en Uruguai e a Biblioteca Nacional, por confiar no proxecto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Mojamé

Galicia, un relato no mundo? Sería máis oportuno chamala: O mundo do cristianismo en Galicia... E é a primeira de 3! Imos ter Xacobeo e Igrexa ata no Marca (agora que o penso, un SD Compostela - Real Madrid non estaría mal. O saque de honor podería facelo Rouco Varela...!).

3 miñoca

Qué fai por aqui Ruiz-Gallardon, con Bugallo, e o Presidente Nuñez

2 uu1

Galiza foi grande quando foi realmente galega! Em palavras de Castelao até a “doma é castração”, com o qual já sabemos, para que Galiza volte a ser grande terá que ser realmente galega!

1 pQjd

O que non é galego, é o que escribes.

2 uu1

Eu pela contra acho que você também escreve na nossa língua e convido-o a não desprezar minha variedade na qual você poderá encontrar, entres outros, os livros de Game of Thones. Nossa língua precisa somar, não restar, por isso uso são partidário da bi normativa e tenho não só respeito, tenho admiração por todas as pessoas que usam a nossa língua seja na variedade que seja.

1 José

Feijoo, exemplo de todo o pior: acomplexado, trepa, sipaio e mintirán