Gonzalo Caballero pide a Feijóo que "non bloquee" e que "deixe gobernar aos progresitas"

O secretario xeral do PSdeG di que os socialistas "están na esquerda" e non queren "gobernar coa dereita".

Por E.P. | Ourense | 15/11/2019 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que "non bloquee" a conformación de goberno no Estado e que "deixe gobernar aos progesistas". O xefe de filas dos sociaistas galegos respondeu deste xeito ao titular da Xunta ante as súas críticas a un acordo de goberno entre o Partido Socialista e Podemos a nivel estatal.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en Ourense.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en Ourense. | Fonte: Europa Press

Así o trasladou na mañá deste venres antes de participar nun encontro cos militantes socialistas na cidade de Ourense para analizar os resultados electorais e trazar as liñas de futuro. Alí, reiterou que o PSOE "está na esquerda" e non quere "gobernar coa dereita".

O secretario xeral volveu subliñar o seu apoio ao secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, a quen "onte pola noite" llo fixo saber tras ser referendado "por unanimidade" na Comisión Executiva Nacional Galega: "Apoiamos un goberno progresista que respecte o Estado de Dereito e o marco constitucional, somos a mellor garantía para a democracia e a convivencia", apuntou.

O líder do PSdeG descartou por completo un pacto co espectro oposto e mesmo reprochou "un goberno do PP con Vox": "Non queremos ver a Vox en ningún lugar, ambos levarían o país a peor". Así mesmo, abundou que a dereita non avogaría por "subir as pensións, loitar pola igualdade entre homes e mulleres, subir as bolsas na educación pública nin subir o salario mínimo interprofesional".

Caballero, igualmente, denunciou o "boicot" ao que "está a xogar" a dereita porque "se non goberna Sánchez, non hai ningunha outra opción en España que poida ter solidez", á vez que criticou "o seu xogo de manter unha opinión distinta á realidade do país".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta