A parafernalia da volta do libro

A fantasía de Mendez Ferrin, que deu lugar a aquela obra de teatro que circulou con moito éxito por toda Galiza a principios dos oitenta do século pasado, quedouse corta co acontecer que vivimos estes días coa aparición do libro medieval. Celtas sen filtro, era un retrato da sociedade galega do momento na que, por mor da chegada dun papa a Compostela, e despois de dar o croque de rigor ao santo, descubriu que baixo a catedral habían unha grande bolsa se petróleo. Había unha riqueza grandiosa que explotar.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 15/07/2012

Comparte esta noticia
Pois claro, a riqueza sigue dando grandes e cuantiosos beneficios, claro sin declarar a facenda pública, e por tal motivo un traballador autónomo decidiu participar de tales ganancias, sabedor de que, ao non haber contabilidade, podía amasar unha fortuna sisando os cepillos da basílica. Pero, sempre pasa o mesmo,  a avaricia por non saber retirarse a tempo e tomar como vinganza mangar un libro moi famoso, rachou o saco e, o avezado persoeiro, xa está na  cadea.
 
Pero o curioso desta historia, ao meu modo de ver está en dúas cuestións: a primeira refírese ao  descontrol que existe do patrimonio cultural que está nas mans da xerarquía católica. Ésta  máis preocupada do que produce economicamente a fe  e  que entra nas arcas como diñeiro  ao marxe do fisco, descoida  a  seguridade dunhas obras de valor incalculable. E, o segundo, radica no aproveitamento político  que deste feito fixo o presidente Rajoy. Está claro que cando se está na oposición sempre se critica  con desmesura a quen goberna, e logo,  cando un é o que manda aprovéitase de todo o que sexa publicidade para sobresaír  diante a opinión pública..
 
Dixo o Sr. Feijoo, presidente da Xunta,  que D. Mariano viña a Galicia para potenciar o camiño e tamén polo grande amor que  lle ten a esta terra.
Pero a verdade é que  veu  a facer precampaña para as autonómicas. E non lle importou sumarse a unha pantomima vistosa entregándolle o libro ao responsable da catedral compostelá.
 
Pero si o libro xa o viran días antes e afirmaran que estaba en perfecto estado, a que ven tal entrega. Claro, para iso hai tempo; pero, para comparecer no Parlamento e dar información de tanto recorte e da situación económica, non. Para facer comparecer aos directivos de Bankia,   ou os de Caixa Galicia banco tampouco. Viven os  gobernantes actuais necesitados do boato e da publicidade. Facer  que se fai sen facer ren. Precisan a foto publicitaria para demostrar que existen e que son donos da situación. E o presidente que dixo que lle chamaría ao pan pan e ao viño viño, actúa como se deso nada dixera.
 
Pois ben, cando estamos nas vésperas doutro venres de recortes, cando soamente temos rumores e carecemos dunha boa información sobre os graves problemas que sufrimos, o presidente ven para entrégalle o libro medieval ao arcebispo  de Compostela.
 
A obra de Ferrín a que aludín no principio, debuxaba un sociedade galega dos 80 preocupada por nimiedades, pero que  esquecía as cuestións importantes que pasaban na terra. E 30 anos despois sigue pasando algo semellante. Esquecemos que temos moitos e graves problemas,  pero atendemos a cuestións e a visitas que non son mais que parafernalias baratas e que so buscan entreter ao personal. O miragre dos restos de  Santiago, ou de Prisciliano, quen sabe, existe, pois os cepillos producen un impotante caudal de ouro sen declarar.  O libro apareceu, viva a parafernalia barata.
 
Felices vacacións para todos e, ata mediados e agosto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com