O Nobel de Química Tomas Lindahl visitará Santiago

Impartirá unha conferencia o mércores no marco do programa 'Conciencia' da Universidade de Santiago de Compostela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2019 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

O premio Nobel de Química no ano 2015, o científico Tomas Lindahl, impartirá unha conferencia na capital galega este mércores no marco do programa 'Conciencia' da Universidade de Santiago de Compostela.

O Premio Nobel de Química Tomas Lindahl
O Premio Nobel de Química Tomas Lindahl | Fonte: Holger Motzkau en Wikipedia.

En concreto, será o relatorio 'Inestabilidade de ADN e posibles formas de vida alternativas', ás 19,30 horas no Auditorio Abanca.

A visita enmárcase na XIV edición do citado programa da USC e do Consorcio de Santiago, que nesta ocasión permitirá coñecer ao científico galardoado polos seus estudos mecanísticos da reparación de ADN.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta