Dous incendios en locais de Pontevedra en menos de 24 horas

O segundo deles obrigou a desaloxar o edificio.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 16/11/2019 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

Un incendio nun establecemento comercial en Pontevedra obrigou a desaloxar este sábado un edificio na Rúa da Peregrina, segundo informa o 112.

O lume provocou danos materiais pero non hai feridos. É o segundo incendio nun local comercial en Pontevedra en menos de 24 horas, o primeiro tivo lugar na rúa Benito Corbal na noite do venres e tampouco houbo danos persoais.

Ás 12,30 horas varios particulares chamaron para alertar de que saía fume do interior dun local no baixo dun edificio. Os veciños puideron abandonar o inmoble.

Ata o lugar desprazáronse, entre outros, unha dotación dos bombeiros de Pontevedra para traballar na extinción, Foron avisados Policía Local e Protección Civil.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta