Atopan a menor de 16 anos desaparecida da súa casa en Ribeira

Os efectivos que a encontraron aseguran que se atopa ben.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2019 | Actualizada ás 17:09

Comparte esta noticia

A menor de 16 anos que desapareceu da súa casa en Ribeira na mañá deste domingo apareceu esta tarde en Vigo.

Imaxe da moza desaparecida
Imaxe da moza desaparecida | Fonte: SOS Desaparecidos

Os efectivos que a encontraron aseguran que se atopa ben e os seus pais desprazáronse ata a cidade para recollela. A rapaza marchara voluntariamente da casa.

Fontes de SOS Desaparecidos confirmaron a Europa Press que a moza non estaba en casa cando os seus pais espertaron pola mañá. Pouco despois dirixíronse á comisaría da Policía Nacional para interpor unha denuncia e organizar un operativo de procura.

Pola súa banda, SOS Desaparecidos publicou información sobre as características físicas da moza por se algún veciño puidese vela. Iria mide entre 165 centímetros e 170, é de complexión delgada, pelo moreno e ollos escuros. Así mesmo, a plataforma lembra que calquera que a viu pode dirixirse aos teléfonos dos servizos de emerxencias para deixar constancia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta